Friday 19 de April de 2024

Comeza a segunda quenda das Leisure Activities in English, con vinte nenos e nenas de entre 5 e 10 anos


A iniciativa será impartida por Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas, do programa de voluntariado europeo, no local social do Sanguiñal

Un total de vinte nenos e nenas de Lousame, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos, participan dende hoxe no local social do Sanguiñal na segunda quenda das Leisure Activities in English. Trátase dun programa gratuíto de actividades educativas e de ocio impartidas unicamente en inglés polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas.

A concelleira de Xuventude e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, e o técnico de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, asistiron esta mañá á segunda sesión do programa Leisure Activities in English, que será impartido polas voluntarias turcas Ezgi Alkaya e Ülkü Kosdas. “Unha boa oportunidade para practicar inglés dunha forma lúdica á vez que coñecemos novos amigos e amigas”, explica Silvia Afrafojo.

O programa inclúe pintura, karaoke, música, xogos, cine, creatividade, teatro, conversas e moito máis, todo en lingua inglesa. Esta segunda quenda terá lugar ata o vindeiro 12 de agosto.